Publisher's Synopsis
Este traballo explora a evolución da minaría na serra do Val, tamén chamada do Seixo ou Seixival, nos actuais concellos de Gomesende e Ramirás, dende as súas orixes cos primeiros moradores até a actualidade, pondo un especial énfases no apoxeo da industria do estaño na zona dende mediados do século XIX ao XX. Deste modo, coñeceremos non só a implicación de empresarios como José Viso Estévez e José Parga Moure ou o rol das sociedades de capital estranxeiro como The Arnoya Mining Company, senon que tamén se tratará o estraperlo de estaño e wolfram e o procesado do mineral, entre outros temas.
Afondar no desenvolvemento dos labores mineiros no couto permitirá contextualizar a súa pegada tanto na paisaxe, con vestixios como a canle de Escudeiros, como na orixe dalgunhas das historias presentes aínda na conciencia colectiva dos veciños das aldeas próximas (O Viso, Trasportela, Poulo).